Presentamos o Iª Certame Literario Manuel Otero Saavedra co apoio da Xunta e do Concello do Porriño

image1-1

AAVV de San Benito e San Sebastián, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello do Porriño aliáronse hoxe no Círculo Recreativo e Cultural no impulso á figura do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra, autor da obra “O Manoliño” a traves do “Iº Certame Literario de relato curto infantil e xuvenil Manuel Otero Saavedra”, dirixido a mozos e mozas de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos. Nun emotivo acto coa filla do escritor, Rosalía Otero fixo unha fermosa e emotiva semblanza da vida e obra de seu pai e rematou agradecendo a aposta por valorizar a obra e vida de seu pai no convencemento de que o certame ten un importante valor educativo para as novas xeracións de mozos e mozas porriñesas e porriñeses e galegos e galegas. O secreario da Asociación de Veciños do Porriño, Iván Vaqueiro e nome da Xunta Directiva, explicou as bases do concurso que se poden descargar xa aquí (BASES do Iº Certame Literario infantil e xuvenil de relato curto Manuel Otero Saavedra) .

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, aprobou
recentemente o seu plan estratéxico de obxectivos para o ano 2016, entre os que se
recollía un plan de acción cultural no que se detaiaban diferentes propostas para impulsar no presente ano. Unha delas, o de realizar actividades en galego e para o seu impulso.

Deste xeito, a Xunta Directiva aprobou a proposta de crear un certame literario de relato curto con dúas categorías, infantil e xuvenil. Este certame, aberto a nenos e nenas de 8 a 12 anos na categoría infantil, e de 13 a 18 anos na xuvenil, sería de tema libre e sempre en lingua galega. O certame celebraríase no último cuatrimestre de 2016, coincidindo co inicio do curso escolar, e sería aberto para todos os nenos e nenas de Galicia que quixeran participar.

Asimesmo, decidiuse bautizar o certame co nome do escritor porriñés Manuel Otero
Saavedra. Manuel Otero Saavedra foi un escritor e poeta porriñés nacido en 1905 no
Porriño que emigrou a Arxentina, onde escribiu a súa obra “O Manoliño”, un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Un conxunto de relatos que constituen un
fermoso retrato dunha época e que aportan unha fermosa visión etnográfica e social da
época dos anos 10 e 20 do seculo XX no Porriño.

A importancia deste escritor, pouco estudado e recoñecido no Porriño e en Galicia pola
súa obra, fai necesario que se reivindique a súa figura. Para elo, logo de comentalo coa
familia do escritor, esta accedeu a ceder o seu nome para o concurso literario, polo que
este ponse en marcha.

Podes descargar aquí o dossier de presentación do    CERTAME LITERARIO MANUEL OTERO SAAVEDRA

Podes descargar aquí un artigo da Revista Malladoura sobre a vida de Manuel Otero Saavedra. (Artigo Manuel Otero Saavedra)

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s