Informe de necesidades dos barrios 2019

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián acaba de presentar o IVº Informe de necesidades dos Barrios de San Benito, San Sebastián e Cristo dos Cachos (2019)  elaborado pola AAVV San Benito e San Sebastián para presentar á Corporación do Porriño sobre as necesidades e problemas dos nosos barrios. Se queres colaborar aportando as túas ideas e propostas, podes remitir un email a  aavv.sbenito.sebastian@gmail.com.

Podes descargar o informe premendo neste enlace IV Informe de Necesidades dos Barrios de San Benito 2019