Certame

O Certame Literario infantil e xuvenil “Manuel Otero Saavedra”

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, aprobou recentemente o seu plan estratéxico de obxectivos para o ano 2016, entre os que se recollía un plan de acción cultural no que se detaiaban diferentes propostas para impulsar no presente ano. Unha delas, o de realizar actividades en galego e para o seu impulso.

Deste xeito, a Xunta Directiva aprobou a proposta de crear un certame literario de relato curto con dúas categorías, infantil e xuvenil.

Este certame, aberto a nenos e nenas de 8 a 12 anos na categoría infantil, e de 13 a 18 anos na xuvenil, sería de tema libre e sempre en lingua galega. O certame celebraríase no último cuatrimestre de 2016, coincidindo co inicio do curso escolar, e sería aberto para todos os nenos e nenas de Galicia que quixeran participar.

Asimesmo, decidiuse bautizar o certame co nome do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra. Manuel Otero Saavedra foi un escritor e poeta porriñés nacido en 1905 no Porriño que emigrou a Arxentina, onde escribiu a súa obra “O Manoliño”, un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Un conxunto de relatos que constituen un fermoso retrato dunha época e que aportan unha fermosa visión etnográfica e social da época dos anos 10 e 20 do seculo XX no Porriño.

whatsapp-image-2016-09-16-at-18-45-58-jpeg

A importancia deste escritor, pouco estudado e recoñecido no Porriño e en Galicia pola súa obra, fai necesario que se reivindique a súa figura. Para elo, logo de comentalo coa familia do escritor, esta accedeu a ceder o seu nome para o concurso literario, polo que este ponse en marcha,