A AAVV San Benito celebra a súa Asamblea anual 2019

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián celebrará este venres 22 de Febreiro ás 20:15 hora no Centro Cívico de Porriño a súa asemblea anual, na que se dará conta da situación da Asociación e debateranse aspectos de interese sobre os barrios, así como o plan de acción para o ano 2019. O evento servirá ademais, segundo a presidenta da Asociación Carmen Rodríguez Martínez, para facer entrega do “Premio Findenciano Palacín 2019”, un galardón que outorga a asociación e que ten como obxectivo premiar o labor de apoio ou dinamización do barrio por unha persoa ou colectivo.

Balance de sitación, obras e informe para os partidos políticos

A xunta directiva presentará á asemblea de socios/ as o estado das contas da entidade e o aumento de socios dunha asociación que está a piques de superar os 300 asociados e que ha esperimentado un importante auxe no últimos catro anos, duplicando o seu número de socios, tendencia que vai en aumento dado que se trata da única asociación de veciños existente no centro urbano. O secretario da asociación, Iván Vaqueiro, indicou que a asociación conseguiu nestes últimos 4 anos, mellorar a súa situación financeira de maneira importante, grazas ao aumento de socios e socias e ao éxito crecente que teñen os seus eventos gastronomicos como o Chouripán, o Calacú ou as andainas e outras actividades. Neste sentido, afirmou o secretario da asociación, a consecución do convenio co Concello do Porriño (era a única asociación de veciños que non dispoñía do mesmo), axudou a mellorar as actividades da asociación e seguir co crecemento da mesma. Sigue leyendo

Anuncios

A tradicional festa do Calacú do Barrio de San Benito para nenos e maiores chega á súa XIII Edición e aspira a convertirse en patrimonio inmaterial

A tradicional festa do Calacú de San Benito chegará o vindeiro sábado 4 de Novembre á súa XIII edición, consolidando unha festa que ten os seus antecendentes nos anos 50-60 do século XX e pode que anteriores. No ano 2004, veciños e veciñas do barrio de San Benito do Porriño recuperaron por primeira vez esta histórica festa e a veñen celebrarndo ininterrumpidamente ata o día de hoxe. Unha festa cunha fonda tradición porriñesa.
O sábado 4 de Novembro, no entorno da capela de San Sebastián, celebrarase coma sempre, o obradoiro de cabazas para nenos e nenas, o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, a tradicional procesión do Gran Calacú dende o concello ata o barrio de San Benito e por último a tradicional degustación gratuita de castañas con viño tinto, todo elo amenizado con música tradicional e unha charanga.
Unha fonda tradición porriñesa que aspira a converterse en patrimonio inmaterial

Segundo as fontes consultadas, a tradición de moldear, vaciar e usar cabazas (coñecidos popularmente como calacús) na noite ou noites cercanas ao día de defuntos é unha tradición que se remonta como mínimo a mediados do século XX, inda que esta podía vir mesmo de épocas anterios. Por esas datas, nenos e maiores porriñeses moldeaban calacús con formas terroríficas e os colocaban en sitios de paso, muros, camiños ou memos no medio dos campos, cunha vela, para asustas aos malos espíritus e de paso aos veciños incautos. Esta tradición, probablemente con raigames antergas no sanmain ou samhain na tradición céltica, servia para celebrar o denominado día dos mortos, e tiña unha imporante riqueza nos pobos célticos, dos que Galicia tivo influencias no pasado. É por elo que os organizadores da festa queren convertela nun referente de patrimonio inmaterial porriñés para que esta se manteña no tempo e a través das distintas xeracións porriñésas. “É unha tradición porriñesa que imos defender porque queremos que pase aos nosos fillos e netos e lembren o que se facía no Porriño antigamente”.

Fronte a outras formas de celebrar esta festa máis modernas e de influencia foránea, recollidas no que popularmente se denominou Hallowenn, os membros da Xunta Directiva da Asociación de Veciños queren reivindicar a tradición galega dos calacús para que os nenos e nenas do Porriño poidan disfrutar dunha fermosa tarde cos calacús e disfrutala no barrio de San Benito