Obxectivos e fins

Obxectivos e fins da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián

A AAVV San Benito e San Sebastián constituíuse por veciños e veciñas dos barrios que a integran para defender e promocionar os nosos barrios. Conscentes da necesidade de impulsar melloras nos mesmos que redunden na calidade de vida dos veciños e veciñas, os fins e obxectivos da nosa asociación aparecen recollidos nos artigos 2º e 3º dos nosos estatutos:

Fins da Asociación (artigo 2º dos Estatutos)

a) Atender as necesidades sociais de cantos integran a devandita asociación, no referente a hixiene, salubridade, urbanismo, promoción do ensino, cultura, deportes, beneficiencia, etc…

b) Promover no seu caso, dentro das normas sinaladas na lexislación e disposicións vixentes ou que no futuro poidan dictarse, as accións necesarias para garantir os intereses dos seus asociados/as a través da solución aos problemas colectivos.

c) Emprender accións mancomunadas dos veciños/as dos barrios, pedir informes, elaborar proxectos que melloren a situación dos barrios de San Benito, San Sebastián e o seu entorno.

d) Asesorar en forma xeral ou individual, os/as seus asociados/as das citadas cuestións, das accións que lle compete e procedementos que poidan xurdir na execución dalgunha das propostas feitas pola Asociación

Obxectivos da Asociación (artigo 3º dos Estatutos)

Para o desenvolvemento e execución de todos estes fins, a asociación irá creando, segundo as súas necesidades, as correspondentes seccións que terán a denominación e obxectos seguintes:

a) SOCIAL: Encargada da creación de toda clase de comisións para o estudo de problemas relacionadas coa vivenda e demáis aspectos de íncole social e benéfica.

b) SERVIZOS E SEGURIDADE: Tendente á creación de axudas aos veciños/as necesitados por calquer causa de eivas nos servizos públicos (urbanismo, seguridade, tráfico, beirarrúas, rúas, redes de sumidoiros, tráfico, lixo, zoas verdes, traidas e augas, etc…)

c) CULTURAL: Todo o referido a unha promoción cultural para os veciños/as, por medio de actividades neste senso (conferencias, cursos, concursos arísticos, feiras, etc…)

d) RECREATIVA: Co fin de realizar actividades de tipo lúdico, deportivo, etc…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s