Bases do Certame Literario

Bases do  Iº Certame de relato curto infantil e xuvenil Manuel Otero Saavedra

 A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño, en colaboración co Concello do Porriño, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o Iº Certame literario de relato curto infantil e xuvenil Manuel Otero Saavedra coa finalidade de honrar a memoria do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra e asemade, divulgar a súa obra e impulsar a promoción da literatura en lingua galega.

Este premio de relato curto, vaise rexer polas seguintes:

BASES

 Primeira.

 Poderá concorrer ao premio calquera persoa física entre 8 e 18 anos que desexe participar ben na súa categoría infantil (de 8 a 12 anos) ou xuvenil (de 13 a 18 anos) do certame e que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes e as especificacións das vixentes bases. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico.

A extensión mínima dos textos será de 3 a 5 páxinas na categoría infantil e de 5 a 10 páxinas na categoría xuvenil. Deberán presentarse en formato dixital (Word) en tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos carácteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1 ,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.

Segunda

Os traballos serán remitidos á dirección de correo electrónico aavv.sbenito.sebastian@gmail.com, no que se adxuntará o arquivo word do traballo, indicando no asundo do correo “Certame Literario Manuel Otero”. No texto do email, indicarase o nome completo, a idade e os datos de contacto do participante (dirección postal, email) xunto cun teléfono de contacto.

Terceira

 Xunto co texto en papel e en soporte dixital, que será enviado sen que sexa recoñecible a autoría da escritora ou escritor e que irá precedido polo título e o lema escollido, xuntarase un sobre pechado que leve escrito por fóra Iº Certame de novela curta Manuel Otero Saavedra, o lema e mais o título, e que no seu interior conteña o nome, apelidos e NIF, enderezos postal e electrónico, e os teléfonos de contacto da súa autora ou autor.

Cuarta.

 O xurado, cuxos membros serán dados a coñecer antes da concesión do premio, estará composto por catro especialistas en literatura e o secretario da asociación de veciños, con voz e sen voto, que exercerá de fedatario público do resultado do concurso. Dous membros serán nomeados pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, un polo Concello do Porriño, e outro pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Os premios outorgaranse por maioría simple de votos do xurado.

Quinta.

 O premio principal para cada categoría sería o de 300 euros por primeiro premio. Os segundos clasificados en cada categoría recibirían cadanseu accésit, conformados por lotes de libros de literatura galega e un agasallo de 50 euros

Sexta.

 Calquera incidencia ocasionada na interpretación destas bases será solucionada pola maioría simple dos membros do xurado. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer sempre antes da primeira quincena do mes de Decembro de 2016.

Sétima.

 Os premios, que son indivisibles, poderanse declarar desertos, no caso de que o xurado así o estimase en decisión inapelable. Para tal circunstancia, de cinco votos posibles, terá que darse o caso de que unha obra non sume un mínimo de tres dos votos do xurado.

Oitava.

 A lectura das obras gañadoras e a entrega dos premios terá lugar nun acto público nunha data que se anunciará coa suficiente antelación.

Novena.

 Os orixinais non premiados destruiranse pasados trinta días da emisión da decisión do xurado.

Base final.

 A participación neste premio significa a completa aceptación das presentes bases e mais das decisións do xurado que se designe

Descarga o díptico informativo do Certame diptico_certamelmos_online_portadadiptico_certamelmos_online_interior