Manuel Otero Saavedra

dav

dav

Manuel Otero Saavedra. Manuel Otero Saavedra foi un escritor e poeta porriñés nacido en 1905 no Porriño que emigrou a Arxentina, onde escribiu a súa obra “O Manoliño”, un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Un conxunto de relatos que constituen un fermoso retrato dunha época e que aportan unha fermosa visión etnográfica e social da época dos anos 10 e 20 do seculo XX no Porriño.

A importancia deste escritor, pouco estudado e recoñecido no Porriño e en Galicia pola súa obra, fai necesario que se reivindique a súa figura. Para elo, logo de comentalo coa familia do escritor, esta accedeu a ceder o seu nome para o concurso literario, polo que este ponse en marcha,

Para coñecer máis en profundidade a vida e obra de Manuel Otero Saavedra podes descargar o seguinte arquivo en PDF do artigo de Nicolás Iván Vaqueiro Gradín publicado na Revista Malladoura (Artigo Manuel Otero Saavedra)