A AAVV San Benito celebra a súa Asamblea anual 2019

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián celebrará este venres 22 de Febreiro ás 20:15 hora no Centro Cívico de Porriño a súa asemblea anual, na que se dará conta da situación da Asociación e debateranse aspectos de interese sobre os barrios, así como o plan de acción para o ano 2019. O evento servirá ademais, segundo a presidenta da Asociación Carmen Rodríguez Martínez, para facer entrega do “Premio Findenciano Palacín 2019”, un galardón que outorga a asociación e que ten como obxectivo premiar o labor de apoio ou dinamización do barrio por unha persoa ou colectivo.

Balance de sitación, obras e informe para os partidos políticos

A xunta directiva presentará á asemblea de socios/ as o estado das contas da entidade e o aumento de socios dunha asociación que está a piques de superar os 300 asociados e que ha esperimentado un importante auxe no últimos catro anos, duplicando o seu número de socios, tendencia que vai en aumento dado que se trata da única asociación de veciños existente no centro urbano. O secretario da asociación, Iván Vaqueiro, indicou que a asociación conseguiu nestes últimos 4 anos, mellorar a súa situación financeira de maneira importante, grazas ao aumento de socios e socias e ao éxito crecente que teñen os seus eventos gastronomicos como o Chouripán, o Calacú ou as andainas e outras actividades. Neste sentido, afirmou o secretario da asociación, a consecución do convenio co Concello do Porriño (era a única asociación de veciños que non dispoñía do mesmo), axudou a mellorar as actividades da asociación e seguir co crecemento da mesma.

“Pechamos o ano cun superavit acumulado do 32%, por cuarto ano consecutivo, cuns fondos propios de máis de case 11.000 euros, o que van permitir seguir mellorando os nosos barrios con accións da asociación e eventos para seguir impulsando e dinamizando Porriño”, afirmou Iván Vaqueiro A asemblea servirá tamén para presentar aos asociados o “IV Informe de Necesidades dous Barrios”, onde se detallan todas as obras e necesidades dos barrios, que recollerá tamén as peticiiones dos socios. Este informe será entregado a todos os grupos da corporaciòn municipal. Desde a Xunta Directiva da Asociacion indicouse que o Informe serve para coñecer as obras que os barrios de Porriño necesitan, e por iso, será entregado a todos os partidos políticos da Corporación Local, para que coñezan de primeira man estas necesidades. Aspectos como a reforma do PXOM, o saneamento do barrio de San Benito e San Sebastián ou a necesidade de servizos, dinamización económica, ambiental e obras de mantemento son algunhas das peticións que incorpora o estudo, elaborado pola Asociación e que no que colaboraron os veciños do barrio. “Queremos que todos os partidos coñezan as necesidades do barrio agora que chega o proceso electoral”

Premio Fidenciano Palacín

A asemblea servirá tamén para outorgar o primeiro premio Fidenciano Palacín, en homenaxe ao histórico carteiro do Porriño que foi un firme defensor dos barrios de San Sebastián e San Benito e do que se aprobou en 2017, crear un galardón co seu nome para premiar a persoas comprometidas con Porriño e os seus barrios. Este ano, o galardón ha recaido nas panaderías unicadas dos barrios de San Benito, San Sebastián e Cristo dos Cachos, en concreto, as panaderías Argibay, Troca, Chinchina e O Carmen, pola súa continua colaboración coa Asociación e dinamización dos barrios coa súa tradición gastronómica. O premio será entregado a cada unha destas catro panaderias. A presidenta da Asociación Carmen Rodríguez Martínez, animou aos socios e socias a que acudan este venres á asemblea no Centro Cívico do Porriño ás 20:15 horas para coñecer o estado actual da asociación e animou aos porriñeses/ as a asociarse porque “o fin da Asociación é protexer aos veciños e veciñas e sobre todo a actividade e o bo estado dos barrios do Porriño. Ese é o noso fin”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s