Segundo as fontes consultadas, a tradición de moldear, vaciar e usar cabazas (coñecidos popularmente como calacús) na noite ou noites cercanas ao día de defuntos é unha tradición que se remonta como mínimo a mediados do século XX, inda que esta podía vir mesmo de épocas anterios. Por esas datas, nenos e maiores porriñeses moldeaban calacús con formas terroríficas e os colocaban en sitios de paso, muros, camiños ou memos no medio dos campos, cunha vela, para asustas aos malos espíritus e de paso aos veciños incautos. Esta tradición, probablemente con raigames antergas no sanmain ou samhain na tradición céltica, servia para celebrar o denominado día dos mortos, e tiña unha imporante riqueza nos pobos célticos, dos que Galicia tivo influencias no pasado. É por elo que os organizadores da festa queren convertela nun referente de patrimonio inmaterial porriñés para que esta se manteña no tempo e a través das distintas xeracións porriñésas. «É unha tradición porriñesa que imos defender porque queremos que pase aos nosos fillos e netos e lembren o que se facía no Porriño antigamente».
Fronte a outras formas de celebrar esta festa máis modernas e de influencia foránea, recollidas no que popularmente se denominou Hallowenn, os membros da Xunta Directiva da Asociación de Veciños queren reivindicar a tradición galega dos calacús para que os nenos e nenas do Porriño poidan disfrutar dunha fermosa tarde cos calacús e disfrutala no barrio de San Benito