A Asamblea anual da AAVV San Benito e San Sebastián celebrouse onte 17 de Marzo no salón de actos do Centro Cívico do Porriño cunha ampla asistencia de socios/as. A Asociación constatou unha importante suba de socios e aprobou as contas anuais, que segundo o secretario da Asociación de Veciños, Iván Vaqueiro, por segundo ano consecutivo recolleron un importante superavit económico polas accións desenvolvidas o que vai permitir impulsar novas actividades nos barrios.
No apartado de melloras nos barrios, a presidenta da Asociación, Carmen Rodríguez Domínguez afirmou que a Xunta Directiva vai recoller varias reivincicacións veciñais, entre as que destacaron a solicitude de pintado e correcta sinalizacion e vixiancia policial da parada dos autobuses na rúa Domingo Bueno (ocupada actualmente por coches aparcados), o pintado dos pasos de peóns, a mellora das rampas dos barrios ou o saneamento do barrio de San Sebastián, a sinalización e mellora das travesías que atravesan Manuel Rodríguez ou o tratamento dos Barrios no futuro PXOM, foron algúns dos temas tratados na asamblea que a Xunta Directiva se comprometeu a trasladar á Corporación Local, do mesmo xeito que o novo convenio de colaboración.
Por último, a instancias dos socios, a asociación creou o Premio Fidenciano Palacín para recoñecer o traballo dos veciños e veciñas pola mellora dos barrios do Porriño. O premio leva o nome do moi querido carteiro porriñés Fidenciano Palacín que foi impulsor de moitas melloras nos barrios e persoeiro ao que a Asociación propuxo á Corporación fai un ano que homenaxeara bautizando o entorno da Capela de San Sebastián como Praza de Fidenciano Palacín.