A Xunta Directiva da AAVV San Benito e San Sebastián do Porriño presentou hoxe xunto a Alcaldesa do Porriño, Dona Eva García de la Torre, o Iª Certame Literario Manuel Otero Saavedra, tal e como avanzaron o pasado mes de abril nunha rolda de prensa coa familia do escritor porriñes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello do Porriño.
Este certame, aberto a nenos de 8 a 12 anos na categoría infantil, e de 13 a 18 anos na xuvenil, será de tema libre e sempre en lingua galega. A convocatoria é aberta para todos os nenos e nenas de Galicia que desexen participar. O certame da comezo o vindeiro luns 26 de Setembro e o prazo para presentar os traballos rematará o vindeiro 31 de Outurbo. A continuación o xurado debatirá sobor dos traballos presentados e emitirá o seu fallo a principios de decembro, onde se coñecerá aos gañadores/as.
Os premios consistirán en 300 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e para o segundo un lote de libros en galego cedidos pola Xunta de Galicia.
A extensión mínima dos textos será de 3 a 5 páxinas na categoría infantil e de 5 a 10 páxinas na categoría xuvenil. Deberán presentarse en formato dixital (Word) en tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos carácteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1 ,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.
Os traballos serán remitidos á dirección de correo electrónico aavv.sbenito.sebastian@gmail.com, no que se adxuntará o arquivo word do traballo, indicando no asundo do correo «Certame Literario Manuel Otero». No texto do email, indicarase o nome completo, a idade e os datos de contacto do participante (dirección postal, email) xunto cun teléfono de contacto.
As bases do certame xa se poden consultar na páxina web da asociación de veciños, https://aavvsbenitosebastian.wordpress.com/certame/bases-do-certame-literario/
Reivindicar a figura de Manuel Otero Saavedra
Decidiuse bautizar o certame co nome do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra. Manuel Otero Saavedra foi un escritor e poeta porriñés nacido en 1905 no Porriño que emigrou a Arxentina, onde escribiu a súa obra “O Manoliño”, un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Un conxunto de relatos que constituen un fermoso retrato dunha época e que aportan unha fermosa visión etnográfica e social da época dos anos 10 e 20 do seculo XX no Porriño.
A importancia deste escritor, pouco estudado e recoñecido no Porriño e en Galicia pola súa obra, fai necesario que se reivindique a súa figura. Para elo, logo de coméntalo coa familia do escritor, esta accedeu a ceder o seu nome para o concurso literario, polo que este ponse en marcha.
A vindeira semana realizaráse a presentación oficial do certame e daranse todos os datos para poder participar no mesmo.