Asamblea 2016

IMG-20160226-WA0039

O pasado venres 26, a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián celebrou a súa asamblea anual, na que se debatiron diversos temas de interese para os veciños e veciñas dos barrios.

A Xunta directiva presentou as contas do ano 2015 nas que se produciu un superavit de 2.100 euros con respecto ao ano anterior e se informou aos socios e socias dos movementos e principais magnitudes dos gastos e inngresos realizados no ano2015.

Asimesmo, a presidentea da Asociación, Carmen Rodríguez informou do avence do orzamento para o ano 2016, no que destacou a próxima sinatura do convenio co Concello do Porriño, un feito que permitirá ingresar 6.000 euros para a realización de actividades nos barrios e que beneficiará aos veciños e veciñas.

Asimesmo, a Xunta directiva presentou o avance das acgtividades para este ano, no que o aumento de fondos vais permitir a realización de maiores actividades. Entre elas, a maiores das tradicionais Festas do Chouripán e o Calacú, destacaron a organización de novos eventos como o ciclo “Cine nos Barrios”, a Semana Cultural dos Barrios e o Certame literarior Manuel Otero Saavedra, entre outros.

Na sección de obras e necesidades, os socios destacaron varias problemáticas existentes nos barrios que é preciso reformar de xeito urxente. Entre elas destacaron a necesidade de afrontar a limepza urxente do río Louro logo das fortes choivas que fixo aflorar grandes cantidades de plásticos e lixos ao longo de todo o trazado. Asimesmo, varios socios solicitaron que se realicen obras de mellora e mantemento dos barrios, como o asfaltado, a renovacion do saneamento na rúa manuel rodríguez ou a mellora de varias beirarrúas.

Mención aparte merecou a proposta dun soio de propoñer ao concello o nomeamento do entorno da capela de San Sebastián como Praza de Fidenciano Palacín, o antigo carteiro do Porriño que foi un dos maiores impulsores desa festa e da mellora do barrio, feito que foi aprobado por unanimidade.

Nos vindeiros meses, porase en marcha o programa de actividades proposto pola Xunta Directiva.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s