A AAVV proxectará este venres 21 de Agosto a partir das 21:30 horas, os documentais “O Porriño en Imaxes (1ª parte)” e “O Porriño anos 60”

vista de la calle manuel rodriguez

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, en colaboración coa Comisión de Festas de San Sebastián, proxectará dous documentáis de imaxes antigas e videos recopiladas polos veciños e veciñas dos barrio o vindeiro venres 21 de Agosto a carón da Capela de San Sebastiána partir das 21:30 horas se o tempo acompaña, dentro do programa das Festas de San Sebastián que dan comezo esta semana, s. Así o comunicou hoxe a Xunta Directiva da AAVV para convidar aos veciños á proxeción dos mesmos.

O primeiro deles, baixo o título “O Porriño en Imaxes (1ª parte)“, documenta diferentes intres da vida dos porriñeses e porriñeas, rúas, profesións, festas tradicionais, etc… Imaxes cedidas por varios veciños que serviron para preparar o documental “O Porriño en Imaxes (1ª parte) “. Este documental, que editou integramente a Asociación de Veciños, foi concebido en varias partes dado o inxente volume de fotografías recopiladas e as diferentes temáticas. O documental persegue o obxectivo de recuperar a historia e memoria colectiva local, unha das acitividades recollidas no plan estratéxico da AAVV e dentro da liña de programación cultural da Asociación de Veciños. Dende a asociación xa avanzan que en pouco tempo tamén se poderán visionar unha segunda ou terceira parte con máis fotos.

Asimesmo, e cedido por outro veciño do barrio, proxectarase a película O Porriño anos 60 en Super 8“, un documental en sistema Super 8 recuperado que amosa imaxes da época dos anos 60 e 70 que ten un alto valor etnográfico e cultural pois se recollen diversos intres de festividades, competicións, actos sociais, etc… da época. O Porriño anos 60 en Super 8foi cedido polos familiares de don Jesús Casales, mestre no Porriño naqueles anos, que documentou diferentes intres da nosa historia local co sistema de video Super 8, en boga naquela época e que hoxe é tan valorado.

A Xunta Directiva da  AAVV de San Benito e San Sebastián quere agradecer aos veciños que colaboraron na elaboración do documental e á familia de Jesús Casales poder difundir o seu video en Super 8, e quere convidar a todos os veciños e veciñas do Porriño a poder visionar a proxeccións, que se o tempo acompaña, proxectaránse a carón da Capela de San Sebastian a partir das 21:30 da noite do venres 21.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s