A AAVV presenta o primeiro Informe de necesidades dos Barrios de San Benito, San Sebastián e Cristos dos Cachos ao Concello con máis de 50 actuacións prioritarias

11069820_813245528759803_2746180392768916927_n

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastían, a través da súa Xunta Directiva presidida por Carmen Rodríguez Martínez, presentaron onte no Concello do Porriño o Iº Informe de Necesidades dos Barrios de San Benito, San Sebastián e Cristo dos Cachos (podese descargar aquí Iº Informe de Necesidades dos Barrios de San Benito San Sebastián e Cristo dos Cachos).

Trátase dun novedoso informe elaborado a través da asociación de veciños dende a participacion veciñal,  na recollida de necesidades e melloras dos barrios de San Benito, San Sebastián e Cristo dos Cachos, que pretende presentar anualmente ao Concello para impulsar as accións prioritarias de mellora e as necesidades dos barrios e fiscalizar o seu cumprimento.

O Informe parte dunha diagnose da problemática que  viven actualmente estes barrios realizada pola AAVV, para tratar de acadar as medidas que permitan paliar a súa situacion. Entre outras, o informe identifica o estancamento urbanístico debido debido ao deficiente plantexamento urbanístico no vixente Plan Xeral nos barrios,  o abandono progresivo de negocios na zona, o que degrada o valor dos barrios,  avellentamento poboacional da zona ao estar constituida por vivendas unifamiliares que a poboación moza abandona cara outras vivendas no centro urbán ou noutras zonas e o abandono por parte das autoridades municipais nos últimos anos de accións de mellora urbana e escasa acción de dinamización dos barrios, así como a escasa dinamización socio-cultural como os principais problemas dos barrios, que precisan accións urxentes, así como melloras de infraestructuras, saneamento ou rúas e beirarrúas.

O informe propón máis de 50 actuacións divididas en medidas de dinamización socioeconómica, cultural, urbanística e melloras de espazos públicos e dotacionais, medioambientais e de mobiliario urbán e patrimonio arquitectónico.

A nova Xunta Directiva da AAVV presentou este documento xurdido do mandato da asamblea celebrada o pasado mes de Abril co obxectivo de plantexar cada ano as súas propostas ao Concello, para o que decidiron facelo público na páxina web (https://aavvsbenitosebastian.wordpress.com )  e difundilo a todos os veciños e veciñas e presentalo no Concello aos responsables municipais.

Asimesmo, a Xunta Directiva da AAVV invitou asimesmo a calquer veciño/a que o desexe, a colaborar facendo propostas e ideas que xa se poden presentar a través dun formulario online na páxina web da asociación, unha medida que redunda na participación cidadá dos barrios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s