O Presidente e Secretario da Comunidade de Montes do Porriño mantiveron hoxe unha reunión coa Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño para asinar un convenio de colaboración para dotar de novo equipamento á asociación para poder desenvolver máis actividades.
Esta subvención, de 3.890 euros, permitirá á asociación de veciños realizar diferentes adquisicións entre os que destacaron varias carpas, maquinaria e equipamento para eventos así como un moderno equipo de proxección audiovisual para realizar proxeccións tanto no interior como ao aire libre.
O Presidente da Comunidade de Montes, Santiago González Carballal, destacou que esta acción se enmarca na labor de apoio da Comunidade de Montes ás asociacións e aos vecinos e veciñas da parroquia de Santa María e o novo material aquirido pola asociacion vai redundar en benefico para todos os veciños, que é o noso obxectivo.Os beneficios da correcta xestión do monte comunal revirten deste xeito, no benestar dos nosos veciños e veciñas, afirmou.
Pola súa parte a Presidenta da Asociación de Veciños, Carmen Rodríguez Martínez, agradeceu en nome da Asociación o apoio da Comunidade de Montes, e destacou a gran labor que esta realiza no manemento do monte comunal dos porriñeses, nomeadamente o espazo natural de A Risca, e afirmou que o novo material recibido vai servir para impulsar a acción da asociación de veciños e por en marcha novos proxectos para disfrute dos veciños e veciñas, algún dos cales, se anunciará en breve.Asimesmo, ambos presidentes se emplazaron a seguir colaborando no futuro con actividades conxuntas que permitan mellorar a calidade de vida dos porriñeses e porriñesas.