A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño quixo agradecer hoxe a gran asistencia que congregou a VII Edicición da Festa do Chouripán 2015, que superou ampliamente as previsións que a AAVV tiña para a mesma.
Segundo os datos dos que dispón a Asociación, na VII edición do Chouripán, superáronse ampliamente as 1.150 racións de Chouripán, o dobre que na edición de 2014, e que fixo que por varios momentos se agotaran as existencias do Chouripán e obrigaran a organización a movilizar o seu equipo para trasladar e preparar máis cantidade de racións ante a gran demanda do mesmo polos asistentes que puideron degustar o tradicional Chouripán con bebida a prezos moi populares, o que representa un gran éxito para a AAVV. Asimesmo, o número doutras consumicións e a asistencia a Fogueira de San Xoan, desbordaron as previsións.
Dende a Xunta Directiva da AAVV queren por tanto, agradecer aos asistentes a súa participación e acollida da Festa do Chouripan nesta edición e tamén aos establecementos colaboradores que fixeron posible poder manter o ritmo de preparación e suministro de racións ante a gran demanda rexistrada, así como agradecer a colaboración municipal no evento.
Novos proxectos
A Xunta Directiva da AAVV tamén aproveitou a oportunidade para informar de que xa está a traballar na organización de futuros eventos, entre os cales quixo destacar un proxecto audiovisual no que xa traballan para os vindeiros meses, o proxecto «Cine nos Barrios».