A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián presentou hoxe a VII edición da Festa do Chouripán do Porriño, que se celebrará o vindeiro martes 23 de Xuño na Praza de San Sebastián do Porriño a partir das 20:00 horas.
A Xunta Directiva informou que os asistentes á Festa do Chouripán poderán degustar o tradicional «chouripán» elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional «pan do Porriño«, que suministran varias panaderías porriñesas. Os asistentes poderán degustar o «chouripán» cunha bebida por tan só 2,5 euros.
Asimesmo, a Festa do Chouripán contará coa tradicional fogueira de San Xoan e con animación musical e cultural para facer máis agradable a experiencia.
Por todo elo, dende a Asociación queren convidar a todos os veciños e a todas as persoas que o desexen, a asistir e disfrutar da Festa do Chouripàn do Porriño o vindeiro martes 23 de Xuño.