A Asociación de veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño aprobou onte en Asamblea Extraordinaria o seu plan de actuación e contas para o ano 2015. Entre as principáis novidades da Asamblea, se atopa a modificación dos estatutos que permitirá aos veciños de toda a parroquia de Santa María do Porriño asociarse á Asociacion de Veciños, unha demanda que viña sendo recurrente, o que lles permitirá aos novos socios poder participar nas actividades da Asociación, sempre e cando se respete os obxectivos fundacionais e o seu ámbito de actuación.
Deste xeito, a asociación quere dar resposta á demanda de moitos veciños do Porriño que solicitaban poder participar na asociación e nas súas actividades.
A Asamblea serviu tamén para presentar o estado de contas da Asociación e aprobar os orzamentos para o 2015, e o plan de actividades, que pretende dinamizar a vida dos barrios. Asimesmo, a asamblea apoiou a proposta da Xunda Directiva de elaborar un informe de necesidades e propostas de mellora dos barrios para presentar á Corporación Municipal, habida conta de que os barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos precisan dun impulso municipal para renovarse e impulsar as actividades económicas, culturais e sociais dos mesmos.
O Plan de Actividades da Asociación para o 2015 pretende por en marcha actividades formativas, andainas saudables, actividades culturais como un ciclo de conferencias sobre temas de interese xeral, exposicións, actividades lúdicas e deportivas para mozos e mozas e maiores, cine na rúa, etc… así como manter as actividades que xa viña realizando como a Festa do Chouripán ou a tradicional Festa do Calacú. Asimesmo, a asociación estudia a posta en marcha dun evento gastronómico de maior calado a nivel municipal.
Asimesmo, a asamblea da asociación presentou a súa nova páxina web http://www.aavvsbenitosebastian.wordpress.com con diferentes utilidades como poder consultar o plan xeral, coñecer as actividades da asociación ou cómo asociarse.
Por último, durante a asamblea, a Xunta Directiva, a través da súa presidenta Carmen Rodríguez, otorgou a Juan Manuel Areal Grova a distinción de socio Honorífico da Asociación e fíxolle entrega dunha peza conmemorativa deste feito, especialmente realizada polo escultor porriñés Francisco Candán. Juan Manuel Areal Grova, que foi o primeiro presidente da asociación, tivo palabras de agradecemento para os socios e a Xunta Directiva e non quixo deixar pasar a ocasión para agradecer tamén aos membros das Xuntas Directivas que presidiu o seu apoio e aos socios polo seu cariño. Durante a súa xestión a asociación colleu impulso e afrontou importantes problemas dos barrios, feito polo que foi recoñecido polos socios e socias.