Convocatoria de Asamblea

asamblea si

A nova Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, presidida por  Dona Carmen Rodríguez Domínguez,  convocou unha asamblea o vindeiro día 10 de Abril co obxectivo de presentar aos asociados e asociadas o plan de traballo da nova xunta directiva e as diferentes actividades que quere desenvolver para impulsar a mellora dos barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos. A asamblea, que terá carácter extraordinario, celebraráse no local da asociación, na rúa Manuel Rodríguez número 100 de O Porriño ás 20:15 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria.

Entre os temas que se debatirán na asamblea, atópase o da presentación do estado de contas, altas e baixas, a presentación do Plan de Traballo da Asociación para o ano 2015, a proposta de mellora dos estatutos, o nomeamento do primeiro presidente da asociación, D. Juan Manuel Areal Grova como socio honorario da Asociación e a presentación da nova páxina web da asociación, que terá como obxectivo informar das actividades da asociación, recoller información de interese, así como propostas e queixas veciñáis para trasladalas ao Concello, a historia dos barrios e incluso poder consultar o Plan Xeral do Porriño online.

A nova directiva quere dar un impulso á mellora dos barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos, para o que presentará aos seus asociados un plan de actuacións e obxectivos a realizar no ano 2015, entre os que se atopan accións nos eidos social, cultural, medioambiental, formativo e de mellora sociocomunitaria dos Barrios do Porriño que representa. Para elo, presentarán ao concello un Informe de necesidades dos barrios a partir das carencias actuais e as propostas dos veciños e veciñas.

A asociación quere aproveitar a convocatoria da asamblea para animar aos vecinos e veciñas que desexen asociarse a acudir á asamblea e poder informarse de cómo facelo ou poñerse en contacto coa mesma a través do email aavv.sbenito.sebastian@gmail.com.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s