Benvidos a nosa web!

Veciños e veciñas dos barrios de San Benito, San Sebastián, Cristo dos Cachos e barrios do Porriño en xeral:

Benvidos ao noso novo espazo web, a páxina da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño. A nova xunta directiva quere mandarvos un afectuoso saúdo e presentarvos o noso novo espazo web para estar máis preto de vós e poder ofrecervos todo o noso apoio e información das actividades que dende a asociación estamos a facer e planificar para facer a vida dos nosos barrios un pouquiño mellor cada día.

É obxectivo desta Xunta Directiva contar con todos os veciños e veciñas dos barrios para poder ofecervos as nosas actividades, axudarvos no posible e recoller as vosas inquedanzas e iniciativas para trasladalas ao Concello e mellorar pouco a pouco os nosos barrios.

Dende aquí, trataremos de informarvos das nosas actividades e tamén escoitar as vosas peticións e propostas para facer de San Benito e San Sebastián un lugar acolledor, vivo e solidario onde vivir.

Un forte abrazo e quedamos á vosa disposición!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s